Torre Cajasol
Torre Cajasol | |
---|---|
A torre en 2014 | |
Edificio | |
Localización | Sevilla, Andalucía |
Coordenadas | 37°23′31″N 6°00′35″O / 37.39194444, -6.00972222 |
Propietario | CaixaBank |
Uso(s) | Oficinas |
Construción | |
Inicio | 2007 |
Remate | 2015 |
Dimensións | |
Altura | 180,5 m |
Altura da última planta | 157,2 m |
Plantas | 37 + 3 baixo rasante |
Número de ascensores | 13 |
Equipo | |
Arquitecto(s) | César Pelli |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Torre Cajasol, tamén coñecida como Torre Pelli por ser o seu arquitecto César Pelli, é un rañaceos de oficinas en construción na cidade de Sevilla. As obras comezaron en marzo de 2008 e espérase que finalicen en 2015.
A torre ten 180,5 metros de altura e 40 plantas, 3 delas baixo a rasante. A torre será utilizada para oficinas, tendo a súa entrada pola rúa Odiel. A torre, construída para ser a sede de Cajasol, será o edificio máis alto da cidade e tamén de Andalucía.
Historia e características
[editar | editar a fonte]A torre estase a construír na Illa da Cartuja, na zona onde se celebrou a Exposición Universal de Sevilla de 1992. Está situada xunto ao río Guadalquivir nunha área reurbanizada na década de 2000. A torre estará flanqueada por dous edificios de catro plantas tamén deseñados por César Pelli. Os bordos curvados dos edificios definirán unha praza que se abre no norte e o sur e estreita no centro, creando unha rúa comercial peonil escalada.
Informouse que a UNESCO estaba a considerar poñer monumentos da cidade de Sevilla que se clasifican como Patrimonio da Humanidade (a Catedral, os Reais Alcázares e o Arquivo Xeral de Indias) na lista de patrimonio en perigo a causa do "impacto visual negativo" da torre no vello horizonte da cidade de Sevilla.[1] A proposta foi rexeitada na reunión do Comité do Patrimonio Mundial da UNESCO en San Petersburgo en 2012, pero na reunión lamentouse que o traballo na torre non fora suspendido.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Torre Cajasol |